Monthly Archives: Marzo 2014

VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Ultimando xa os detalles da oitava edición desta actividade, acabamos de remitir aos centros de ensino de toda Galicia e a outras entidades a información pertinente para que podan organizar a súa participación neste evento.

CartazEncontroCabreiros2014

No corpo desta mensaxe electrónica figura o seguinte texto:

Estimadas amigas e amigos:

Dende Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional, comprácenos comunicarvos a convocatoria do:

VIII ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Dito evento terá lugar no Campo de Fútbol e Área Recreativa de Cabreiros (Concello de Xermade, Lugo) o sábado 31 de maio a partires das 11:00 h.

Nos arquivos adxuntos atoparedes o cartaz da actividade e a ficha de inscrición, a cal deberá ser remitida debidamente cumprimentada polos centros participantes antes do 30 de Abril ó noso enderezo de correo electrónico: brinquedia@brinquedia.net

Así mesmo, poderedes seguir a actualidade e as novas relacionadas con esta actividade na nosa páxina web: www.brinquedia.net , onde en vindeiras datas iremos engadindo novidades deste evento. A ligazón directa ó apartado do Encontro Escolar é a seguinte: http://brinquedia.net/web/?page_id=1294 , onde poderedes atopar máis información ó respecto desta actividade.

Polo tanto, considerádevos convidados e convidadas a participar nesta actividade en torno ó xogo tradicional.

Ademáis, agradeceriamos a vosa colaboración na difusión desta actividade entre todas aquelas institucións (ANPAS, asociacións, Concellos, etc.) e persoas ás que lles interese gozar dunha actividade deste tipo.

Recibide un atento saúdo.

Xose Manuel Barreiro Ínsua.

Presidente de Brinquedia

O Doodle do Día do Pai e os xogos tradicionais

Bonita sorpresa levamos hoxe a xente que estamos a traballar a prol do xogo tradicional.

Google, o buscador de internet por excelencia, adica o seu Doodle (a imaxe representativa do día) ao Día do Pai, e non elixe mellor imaxe que a dun pai xogando cos seus fillos … nunha carrilana!

google dia do pai

 

Agardamos que cada vez o xogo tradicional teña máis presenza na vida cotiá tanto de pequenos coma de maiores, e consideramos moi positiva accións coma esta.

Conseguiremos que algún ano o Día do Peón tamén teña Doodle?

Xogos Tradicionais en Friol.

Dentro das “2ªs Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural” organizadas pola Asociación Carballo Vivo de Friol, o Xogo Tradicional terá o seu oco propio dentro das diferentes actividades programadas.

Así, o sábado 12 de abril entre as 10:30 e as 13:00 h terá lugar o desenvolvemento da actividade lúdica nas instalacións do Colexio Público de Friol.

Quen desexe máis información ao respecto, pode desecargar o tríptico informativo facendo clic na seguinte imaxe:

Xornadas Friol