Arquivos mensuais: Xaneiro 2014

Xogos e Deportes tradicionais na TVG.

O pasado 5 de xaneiro a TVG emitiu, no programa “De quen vés sendo?”, unha reportaxe sobre o labor que dende hai xa uns anos diferentes entidades galegas están a desenvolver a prol dos Xogos e Deportes Tradicionais.

As entidades que aparecen en dita reportaxe son as seguintes:

  • O CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela, co seu Centro de Interpretación do Xogo Tradicional eo seu “Proxecto Brinquedos”.
  • A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
  • A Chave de Compostela.
  • A Asociación “O Varal” da Billarda da Mariña.

A partires do minuto 27:40 é cando comeza a reportaxe en cuestión. Podedes acceder ao contido emitido a través da páxina web da TVG facendo clic na seguinte imaxe:

De quen ves sendo