Arquivos mensuais: Outubro 2013

V Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico

Atópase xa aberto o prazo de inscrición para esta actividade formativa coorganizada pola AGXPT e Nova Escola Galega, que nesta edición leva por título “Xogo Tradicional e desenvolvemento psicomotriz”.

O cartaz e o programa podedes descargalos en formato pdf.

E para atopar máis información  ao respecto, podedes facelo facendo clic na seguinte imaxe:

cartaz curso NEG

Os interesados e as interesadas podedes formalizar a vosa inscrición dende aquí.

Inauguración do MELGA

O pasado venres 27 de setembro  inaugurouse o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia), evento ao que Brinquedia foi invitada e que contou coa presenza do noso presidente.

Non temos máis que desexar que esta iniciativa que tanto traballo supuxo por en marcha teña un grande futuro por diante.

Coma exemplo da repercusión que tivo nos medios, aí vai o salientado en diferentes medios de comunicación:

Nova en “La Voz de Galicia”.

Nova en “El Ideal Gallego”.

Xa para rematar, podedes acceder á súa web facendo clic na seguinte imaxe:

logo melga