Monthly Archives: Outubro 2013

Manifesto e Acto Central do Día do Peón 2013

Xa temos o Manifesto para a 9ª edición do Día do Peón. Agradecémoslle a Mónica Rodríguez Crecente, coordinadora de XOTRAMU (Xogos Tradicionais de Muimenta http://xotramu.blogspot.com.es/ ) a súa elaboración.

O Manifesto pode descargarse en formato pdf facendo clic na seguinte imaxe:

manifesto_peon

Por outra banda, confírmase que o Acto Central terá lugar en Muimenta (Cospeito) organizado por XOTRAMU, a quen lle agradecemos a colaboración e a iniciativa de acoller esta singular actividade. Así mesmo, aproveitamos para vos convidar a dito acto. As actividades previstas son unha exposición de peóns, unha mostra ao vivo de fabricación de peóns artesanais, un concurso de debuxo e un lanzamento colectivo de peóns.

A tal efecto, temos un cartaz redeseñado que podedes descargar facendo clic na seguinte imaxe:

cartaz peón muimenta ACTIVIDADES

Convocatoria do Día do Peón 2013

logo_dia_do_peon

Outro ano máis,  achegándonos ao mes de novembro, temos a ben convocar a celebración do Día do Peón.

Baixo o lema de “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, pretendemos que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto por nenos como polos non tan nenos, bailen e requebren por toda a xeografía galega.

lonapeon

Así, nun correo electrónico enviado aos centros de ensino galegos, así coma a outras entidades e asociacións, convidamos a participar nesta actividade que, neste ano, suma xa a súa novena edición.

Neste correo electrónico enviamos unha serie de documentos, os cales poden ser descargados facendo clic nas seguintes imaxes:

cartaz peón 2013   convitePeon2013

Cartaz                               Convite a participar

ligazons de interese         Paneis baldufa

Ligazóns de interese            Exposición “O peón, un mundo de amigos”

recollida-datos-peon

 

Ficha de recollida de datos para os centros participantes

 

 

Por outra banda, na nosa canle de Brinquedia en Youtube, acabamos de colgar uns vídeos que consideramos poden ser do voso interese.

E xa para rematar, convidámosvos tamén a participar na III Mostra Mundial de Peóns Decorados. Para obter máis información ao respecto, facede clic na seguinte imaxe:

ziba eguna 2013

Outro éxito de participación no Proxecto Brinquedos

nova-pegata-cixt

Xabier López, mestre coordinador desta iniciativa no CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela, comunicounos que para esta edición o Proxecto Brinquedos xa se atopa completo no que a participantes se refire.

Así mesmo, é de salientar que dende o momento de abrirse a inscrición só pasaron tres semanas ate completarse o calendario dispoñible, feito que pon de manifesto a boa acollida e funcionamento desta iniciativa.

Polo tanto, o cadro con datas e participantes queda da seguinte maneira (facendo clic na imaxe pode visualizarse a pantalla completa en formato pdf):

Visitas 2013-2014