Arquivos mensuais: Maio 2013

Presentación de Ludaria.

O venres 24 de maio tivo lugar en Ourense a presentación de Ludaria.

Podedes atopar máis información ó respecto nas seguintes ligazóns.

Publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Emisión en Telemiño:

XOTRAMU 2013

VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Chegando xa á recta final da organización da sétima edición desta consolidada actividade, acabamos de remitir por segunda vez aos centros de ensino de toda Galicia e a outras entidades a información pertinente para que podan organizar a súa participación neste evento.

No corpo desta mensaxe electrónica figura o seguinte texto:

Estimados compañeiros e compañeiras:

Dende Brinquedia, a Rede galega do xogo tradicional, queremos facer de novo o voso acordo de que o vindeiro sábado, 22 de Xuño de 2013, celebrarase o VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. A cidade elexida esta vez será a de Ourense e o lugar onde se practicarán os xogos será o Campus Universitario. Dito evento comezará ás 11 da mañá.

Como algúns e algunhas de vós xa coñecedes (por terdes asistido a anteriores edicións), o Encontro é unha actividade que pretende divulgar, practicar e asentar os xogos de tradición cultural, pero que tamén busca o contacto entre familiares, nenas e nenos. Por tal motivo convidamos tamén ás, nais, pais, avoas e avós para que asistan ao citado acto.

Este ano contamos coa particularidade de que o Encontro atópase inserido na celebración de “Ludaria 2013”, un festival europeo dos xogos e deportes tradicionais. Deste xeito, na tarde do citado día, en diferentes puntos do casco histórico de Ourense haberá demostracións e poderanse practicar xogos e deportes tradicionais galegos, españois e tamén europeos.

Nos arquivos adxuntos atoparedes máis información, así coma a ficha de inscrición, que deberedes remitir (antes do 23 de Maio) debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico: brinquedia@brinquedia.net

Así mesmo, poderedes seguir a actualidade e as novas relacionadas con Ludaria 2013 na páxina web de Brinquedia www.brinquedia.net onde en vindeiras datas iremos engadindo a información precisa.

Ademáis, agradeceriamos a vosa colaboración na difusión desta actividade entre todas aquelas institucións (ANPAS, asociacións, Concellos, etc.) e persoas que pensedes puideran atoparse interesadas en gozar dunha actividade deste tipo.

Recibide un atento saúdo


Alberto Casal Lamas

Presidente de Brinquedia

E coma documentos anexos que completan a información, aquí os poñemos tamén á vosa disposición. Facendo clic nas imaxes, poderedes descargalos.

Cartaz                                Información sobre o Encontro

Xogos do Encontro (son dous arquivos diferentes).

Normas xerais                   Ficha de inscrición

Datos de contacto