Arquivos mensuais: Setembro 2012

Últimos días para matricularse no IV Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico

Dende Nova Escola Galega infórmannos de que o prazo para matricularse nesta actividade formativa remata o día 18 de setembro.

Celebrarase na Illa de Arousa e estárá centrado especialmente nos xogos tradicionais da costa. O curso conta coa homologación oficial da Consellería de Educación a todos os efectos. Entre outras actividades, os asistentes aprenderán a navegar, con integrantes da Asociación Cultural Dorna, en embarcacións tradicionais, entre elas a propia dorna.

Máis información facendo clic na imaxe.

O CIXT de A Capela continúa co programa de visitas escolares.

O Centro de Interpretación do Xogo Tradicional “Brinquedos”, ubicado no CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela (provincia de A Coruña), volve ofertar interesantes visitas para escolares centradas no xogo tradicional.

A continuación reproducimos o texto de convite enviado por correo electrónico a un grande número de centros educativos de Galicia.

Un ano máis (xa van seis consecutivos), o CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela – A Coruña) oferta a todos os centros escolares do noso país a posibilidade de que nos visitedes para coñecer e disfrutar da nosa proposta educativa incluída no Proxecto educativo “Brinquedos”.

As actividades previstas céntranse na práctica dos xogos tradicionais e na visita á nosa colección de xoguetes africanos.

O horario estimado é o comprendido entre as 11 e as 13 horas. Dirixidos os xogos polo noso alumnado, correspondente ás idades das persoas que nos visiten, xogaremos e daremos a coñecer os xogos tradicionais que forman parte do noso Centro de interpretación de xogos tradicionais “Brinquedos”. Vai unha ligazón de presentación:
http://www.youtube.com/watch?v=SDZlkJwztrg

Existe tamén a posibilidade de realizar unha visita á colección de xoguetes africanos que temos na planta alta da nosa escola. Vai outra ligazón sobre esta colección (picade no minuto 38′ 35”)
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-solaina-26-03-2012

Os días de visita son os seguintes:
Mércores para alumnado do 2º Ciclo de Primaria
Xoves para alumnado de 1º Ciclo de Primaria
Venres para alumnado de 3º Ciclo de Primaria e para alumnado da ESO.

Pódese completar o día realizando unha visita ao Museo etnográfico da Capela (Tfno. 981459380), experiencia que tivo a súa orixe na nosa escola. Neste caso habería que contactar co Museo e ver de reservar a data. Mandamos a ligazón da web do museo:

www.museodacapela.org

En anos anteriores cubríronse todas as datas posibles de visita á nosa escola. Por tal motivo aconsellamos que fagades a reserva canto antes. Chamade ao 981459022 (preguntando por Xabier) ou ben escribide ao correo da escola:

ceip.mosteiro.caaveiro@edu.xunta.es

Agardamos contar con vós.

Saúdos brincadeiros.

Xabier López García (responsable do Proxecto Brinquedos)