Arquivos mensuais: Agosto 2012

O Proxecto “Brinquedos” continúa a obter eco nos medios de comunicación.

Este proxecto, promovido dende o CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela, suscitou recentemente o interese do Diario de Ferrol, que fixo unha extensa reportaxe sobre o mesmo.

Podes descargala en pdf facendo clic na imaxe:

ETNOEUME I

Os amigos do Museo Etnográfico de A Capela achégannos información sobre esta actividade, Etnoeume I Feira Etnográfica da comarca do Eume onde, coma non, o Xogo Tradicional estará presente.

Quen desexe información máis polo miúdo ó respecto, pode consultala no seguinte documento en pdf: informacion-etnoeume.