Monthly Archives: Xuño 2012

O CIXT de A Capela, premiado polo Diario de Ferrol

O Centro de Interpretación do Xogo Tradicional “Brinquedos” do CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela, ven de ser premiado no apartado de Educación polo Diario de Ferrol.

Dende aquí a nosa máis cordial noraboa polo recoñecemento que este premio supón á importante labor de promoción e difusión do xogo tradicional, e especialmente ó seu coordinador e impulsor, Xabier López García.

Para quen o desexe, pódese consultar a nova publicada no Diario de Ferrol.