Arquivos mensuais: Maio 2012

Quedan 5 días para formalizar a inscrición no VI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Quedan 5 días para formalizar a inscrición nesta actividade lúdica en torno ó xogo tradicional, dirixida fundamentalmente a escolares, pero do que calquer persoa independientemente da súa idade pode gozar.

Agardamos contar con cantas máis inscricións mellor, que cantos máis sexamos mellor o pasaremos.

Atoparedes máis información ó respecto nesta ligazón á convocatoria do VI Encontro

IV edición de XOTRAMU

A primeira fin de semana do mes de xuño ven repleta de actividades en torno ó xogo tradicional.

Ademáis do VI Encontro Escolar (organizado por Brinquedia) que se celebrará o sábado, os amigos e amigas de XOTRAMU (Xogos Tradicionais de Muimenta) organizan o domingo a IV Festa de Xogos Tradicionais.

Podedes atopar máis información no seguinte cartaz:

Convidámosvos tamén a visitar a súa interesante páxina web: http://xotramu.blogspot.com.es/

VI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais: búscanse colaboradores

Unha vez convocado o Encontro, continuamos á procura de colaboradores para o desenvolvemento desta actividade.

Se tes interese, inquedanzas ou calquer outro tipo de motivación que che poda levar a querer colaborar coma voluntario/a nesta iniciativa lúdica, animámosche a que o fagas.

Para máis información, podes consultar o documento (en formato pdf) específicamente elaborado para o voluntariado: Voluntariado VI Encontro

E se te decides a colaborar, agradeceriámosche que nos enviaras a brinquedia@brinquedia.net a ficha de datos do voluntariado.