Monthly Archives: Abril 2012

A presentación da colección de xoguetes africanos nos medios de comunicación.

Xabier López García, mestre no CEIP de Mosteiro de Caaveiro de A Capela e responsable do CIXT, achéganos información sobre a repercusión mediática da presentación da colección de xoguetes africanos que recentemente realizouse neste centro educativo.

Nova no Diario de Ferrol

Nova no suplemento “O Faro da Escola” do periódico Faro de Vigo.

Nova no periódico “El País”.

Programa de RNE “Esto me suena” do día 22 de marzo (minuto 10, entrevista a Javier Lago, propietario da colección).

Programa “A Solaina” da TVG do día 26 de marzo (minuto 38′ 35”).

Reunión da AEXDT en Aranda de Duero.

O Consello de Administración da AEXDT (Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais) reuniuse os días 23 e 24 de marzo na localidade de Aranda del Duero.

Nas seguintes ligazóns pódese consultar a repercusión que tiveron nos medios as diferentes actividades organizadas: portada, artigo-1, artigo-2.

Paralelamente a esta reunión organizáronse outras actividades, e entre elas destaca a presentación da iniciativa da Asociación La Tanguilla de defender a creación dun “Museo vivo” (museo con actividades de xogos tradicionais para o público e de recepción de centros educativos).