Arquivos mensuais: Xaneiro 2012

Preparando o VI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Xa nos atopamos mans á obra na organización do VI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais que, coma moitos de vós lembraredes, o ano pasado non fomos capaces de celebrar por mor dunha serie de impedimentos alleos á nosa vontade.

Coma en anteriores edicións contamos celebralo no mes de maio, e atopámonos pendentes de pechar tanto a data (sábado 19 ou 26) coma a instalación onde se vai desenvolver.

Quen nunca participara ou descoñeza en que consiste esta actividade, pode atopar máis información nas seguintes ligazóns da nosa páxina web:

V Encontro e artigo no diario El Progreso

Vídeo do IV Encontro, e resumo con galería de imaxes

Vídeo do III Encontro

Calquer dúbida que podades ter ó respecto podédonola facer chegar por correo electrónico a brinquedia@brinquedia.net