Monthly Archives: Outubro 2011

Día do Peón 2011

Outro ano máis, Brinquedia promove a celebración do Día do Peón en centros educativos, concellos e entidades asociativas. A convocatoria establécese para o día 11 de novembro seguindo o lema de “Polo San Martiño, peóns ó camiño”.

O acto central terá lugar no Concello de Fene entre as 11:00 e as 13:00 horas.

Para ó efecto, temos deseñado unha proposta de actividades que é a seguinte: actividades1

Para a elaboración do manifesto desta edición, contamos coa inestimable colaboración do escritor fenés Ramón Loureiro. Podes velo aquí.

Ademáis, os centros educativos que cumprimenten e remitan por correo electrónico a ficha de recollida de datos que lles foi enviada (tamén podes descargala aquí), recibirán coma agasallo un lote de adhesivos conmemorativos.

A continuación, aí van unha serie de recursos que poden ser empregados para esta conmemoración:

A canción do peón (en formato mp3, para descargar facer clic co botón dereito e “gardar enlace como”).

Fóra da nosa terra temos colaboracións que agradecer en Euskadi, na Ikastola Alkartu (Barakaldo, Bizkaia) que organiza unha exposición virtual de peóns decorados na que calquera pode participar; en Cataluña os Amics de la Baldufa (Barcelona), e en Andalucía o “Museo del Trompo” de Sebastián del Pino Cabello (Antequera, Málaga).

Se queres descargar o cartaz do Día do Peón, podes facelo aquí:

XIV Baixada de Carrilanas en Arrabaldo

O compañeiro Lois Pardo achéganos información sobre esta actividade, da cal poderedes obter máis información e visualizar unha serie de fotografías na seguinte ligazón: http://www.xogospopulares.com/?subaction=showfull&id=1317214487&archive=&start_from=&ucat=1&