Arquivos mensuais: Setembro 2011

III Curso de formación sobre o Patrimonio Lúdico

A AGXPT e Nova Escola Galega organizan a terceira edición desta actividade formativa que se desenvolverá en Melide os días 21 e 22 de outubro no IES de Melide.

Agradecémoslles ós organizadores o convite feito a Brinquedia para que un dos seus membros faga a presentación dunha das ponencias, tarefa que será realizada por Xose Manuel Barreiro.

Os interesados nesta actividade formativa podedes atopar máis información na web de Nova Escola Galega.

IV Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais de Santalla

O pasado 27 de agosto volveuse celebrar esta actividade organizada polo Club de Xogos e Deportes Tradicionais de Santalla.

Aí vai a nota de prensa que chegou a nós: nota_prensa_iv_mostra_avaliacion1

E tamén un par de imaxes do evento:

Un novo curso funcionará o Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais “Brinquedos”

Outro curso máis, o CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela oferta a outros centros educativos a posibilidade de realizar visitas ó seu magnífico Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais.

Aínda que o convite foi realizado vía correo electrónico a tódolos centros da Comunidade Autónoma, dende Brinquedia querémonos sumar á difusión desta grande iniciativa, así coma animar ós responsables da mesma a que continúen a desenvolver esta tan grande labor.

Deste Centro de Interpretación poderedes atopar máis información na páxina web do centro, http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmosteirocaaveiro no apartado de “Brinquedos”.

A carta de convite en cuestión é a seguinte:

convite_2011_a-capela