Arquivos mensuais: Maio 2010

CELEBRADO O V ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

directiva Brinquedia

directiva Brinquedia

O pasado sábado, 22 de maio de 2010, baixo un sol abrasador, reuníronse no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo uns 500 rapaces e rapazas de ensino público de toda Galiza. Para organizar os xogos houbo todo un equipo de voluntarias/os que xunto coas persoas das exhibicións, profesorado, familias e demais visitantes fixeron que o total de participantes no evento se aproximase ás 800 persoas.

voluntariado do V Encontro

voluntariado do V Encontro

Grazas a todos polo voso esforzo e colaboración: centros educativos participantes, patrocinadores e colaboradores de distinto tipo. Sen todos vós non sería posible levar a cabo este labor.

Seguide, sigamos adiante cos xogos de sempre durante todo o ano e disfrutemos tamén o ano que vén durante este día de festa todos xuntos.

PRESENTACIÓN OFICIAL DO V ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Hoxe, martes 18 de maio de 2010,  tivo lugar a presentación, para os medios de comunicación, do V Encontro escolar de xogos tradicionais  no salón de actos do Mupega, en Compostela.

No acto estiveron presentes Xabier López e Carmela Rodríguez, da directiva de Brinquedia (entidade organizadora) e Laura Mosquera e Francisco Javier González (Coordinadores do deporte escolar – Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia), un dos organismos patrocinadores do evento.

Por problemas de axenda non poideron estar presentes outros representantes dos distintos organismos, entidades ou empresas patrocinadores do evento.

V ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Sábado, 22 de maio de 2010

cartaz V Encontro

cartaz V Encontro

Aberto o prazo de inscrición para participar no V Encontro escolar de xogos tradicionais. Nestes días (ata o 7 de maio) brindamos a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galiza a información necesaria para que todas e todos se animen a participar en familia nun día tan sinalado.

O Encontro escolar de xogos tradicionais trata de ser un lugar de encontro lúdico para nenas e nenos de todo o país, realizado a través dos xogos tradicionais.

O obxectivo é a práctica dos xogos ao longo de todo o curso; ese día brindamos un espazo para xuntárense alumnado, profesorado e familias de centros que xa veñen disfrutando deses e outros xogos ao longo do ano. É un día para xogar e relacionarse uns cos outros, non para competir.

Mañá (10 – 14 h)

  • Práctica de xogos (dirixidos por voluntariado) por parte do alumnado participante, con rotación libre e acompañados por profesorado.
  • Obradoiros de construción de xogos ou enredos
  • Espazos expositivos: artesáns, xogueterías, librerías, asociacións …

Xantar coas familias e profesorado (14 – 16 h)

Tarde (16 – 18 h)

  • Exhibición de xogos
  • Práctica deses xogos polo alumnado e familias
  • Entrega de agasallos: un para cada participante.
OBRIGAS
  1. Deberán remitir por correo ao enderezo “Rúa dos Chaos s/n C.P.: 32001, Ourense” ou ben por correo electrónico a brinquedia tanto a ficha de inscrición cos datos requiridos  coma o certificado de participación, aprobado polo Consello Escolar.
  2. Os xogos deben ser practicados previamente nos centros escolares que se inscriban (explicación dos mesmos en anexo xa enviado).
  3. Designar a unha persoa de contacto.
  4. Asignar unha persoa a cada grupo de alumnos e alumnas que envíe o centro escolar (por grupos de idade ou ciclos, dependendo do número).
  5. Enviar cada nena ou neno de Educación infantil acompañadas/os con algún familiar.
  6. Construir alomenos unha carrilana e traela ao Encontro.
  7. Facerse cargo dos gastos de transporte.
COMISIÓN ENCARGADA DO V ENCONTRO
  • Alberto Casal: 649981841
  • Carmela Rodríguez: 616253061
  • Xabier López: 981459022
DÍPTICO DO ENCONTRO
parte anterior di d?ptico para o V encontro escolar

parte anterior di díptico para o V encontro escolar

parte posterior do d?ptico do V encontro escolar

parte posterior do díptico do V encontro escolar