Arquivos mensuais: Marzo 2010

II Campionato Intermodal de Bolos Galegos

PACIOS (Castro do Rei) e POUSADA (Pastoriza) – LUGO

DATAS: 01/04/10 (XOVES) e 03/04/10 (SÁBADO)

MODALIDADES:

BOLO CANTEIRO

BOLO CELTA – VALMIÑOR

BOLO PUNXEIRO – OURENSE

BOLO EN LIÑA

BOLO DE XOVE

XOVES: Fase clasificatoria (Zona Norte):

PARTICIPANTES:

CLUB ARCASCO – ÓRREA – RIOTORTO – LUGO

CLUB O CADAVAL – PACIOS – CASTRO DO REI – LUGO

CLUB CAMPO CRUCEIRO – POUSADA – A PASTORIZA – LUGO

CLUB CRUCEIRO DE MEILÁN – RIOTORTO – LUGO

CLUB SANTALLA – A PONTENOVA – LUGO

CLUB RIBATRA – REMOURELLE – RIBADEO – LUGO

CLUB XOVE – XOVE – LUGO

Clasificarán os 20 mellores xogadores masculinos (mínimo un xogador por club)

Clasificarán as 10 mellores xogadoras (mínimo unha xogadora por club). Valeralles a chinada en tódalas modalidades.

TIRADAS DO XOVES

BOLO CANTEIRO 5 TIRADAS

BOLO CELTA 3 TIRADAS

BOLO PUNXEIRO 4 TIRADAS

BOLO EN LIÑA 4 TIRADAS

BOLO XOVE 3 TIRADAS

TIRADAS DO SABADO:

CANTEIRO 10 (5+5) TIRADAS

BOLO CELTA 6 (3+3) TIRADAS

BOLO PUNXEIRO 8 (4+4) TIRADAS

BOLO EN LIÑA 8 (4 +4) TIRADAS

BOLO XOVE 6 (3+3) TIRADAS

CALENDARIO DO XOVES  01/04/10

XORNADA DE MAÑA (HORA DE COMENZO 10,00 HORAS)

SEDE DE POUSADA: SEDE DE PACIOS

1ª RONDA 1ª RONDA

BOLO CELTA: POUSADA BOLO PUNXEIRO: PACIOS-PONTENOVA

BOLO EN LIÑA: ARCASCO BOLO CANTEIRO: SANTA MARTA

BOLO DE XOVE: RIBATRA

2ª RONDA: 2ª RONDA

BOLO CELTA: ARCASCO BOLO PUNXEIRO: RIBATRA

BOLO EN LIÑA: XOVE BOLO CANTEIRO: PACIOS-PONTENOVA

BOLO DE XOVE: SANTA MARTA

3ª RONDA: 3ª RONDA

BOLO CELTA: XOVE BOLO PUNXEIRO: SANTA MARTA

BOLO EN LIÑA: POUSADA BOLO CANTEIRO: RIBATRA

BOLO DE XOVE: PACIOS-PONTENOVA

XORNADA DE TARDE: (HORA DE COMENZO 15,30 HORAS)

SEDE DE POUSADA: SEDE DE PACIOS

1ª RONDA 1ª RONDA

BOLO CELTA: PACIOS-PONTENOVA BOLO PUNXEIRO: ARCASCO

BOLO EN LIÑA: SANTA MARTA BOLO CANTEIRO: POUSADA

BOLO DE XOVE: XOVE

2ª RONDA: 2ª RONDA

BOLO CELTA: RIBATRA BOLO PUNXEIRO: XOVE

BOLO EN LIÑA: PACIOS-PONTENOVA BOLO CANTEIRO: ARCASCO

BOLO DE XOVE: POUSADA

3ª RONDA: 3ª RONDA

BOLO CELTA: SANTA MARTA BOLO PUNXEIRO: POUSADA

BOLO EN LIÑA: RIBATRA BOLO CANTEIRO: XOVE

BOLO DE XOVE: ARCASCO

SÁBADO 03/04/10:  Finais

Faranse 5 grupos de participación para rotar en tódalas modalidades.

Participarán os 20 xogadores clasificados da Zona Norte, 20 xogadores da Zona Sur (Valmiñor) e 4 xogadores de Ourense.

PARTICIPANTES:

CLUB ARCASCO – ÓRREA – RIOTORTO – LUGO

CLUB O CADAVAL – PACIOS – CASTRO DO REI – LUGO

CLUB CAMPO CRUCEIRO – POUSADA – A PASTORIZA – LUGO

CLUB CRUCEIRO DE MEILÁN – RIOTORTO – LUGO

CLUB SANTALLA – A PONTENOVA – LUGO

CLUB RIBATRA – REMOURELLE – RIBADEO – LUGO

CLUB XOVE – XOVE – LUGO

CLUB CAMOS – VALMIÑOR – PONTEVEDRA

CLUB CARRASCA – VALMIÑOR – PONTEVEDRA

CLUB CEAN – VALMIÑOR – PONTEVEDRA

CLUB QUINTELA – VALMIÑOR – PONTEVEDRA

CLUB REGA – VALMIÑOR – PONTEVEDRA

CLUB SAN ROQUE – VALMIÑOR – PONTEVEDRA

CLUB VALLADARES – VALMIÑOR – PONTEVEDRA

CLUB VILACHÁ – VALMIÑOR – PONTEVEDRA

CLUB PUNXEIRO – OURENSE

Resumo da reunión da Xunta directiva do 5 de marzo

Concreción de aspectos relativos á organización do V Encontro escolar de xogos tradicionais: será o 22 de maio nas instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Novidades con respecto a outros anos:

Posibles exhibicións novas, ademais das que veñen sendo habituais: bólos de Castro de Rei, as tabas, a pateza (semellante á petanca, xógase en San Tirso de Abres), yo-yó, diábolo, a cocha (chámanlle así ao xogo da porca na zona do Piornedo)

Intentarase dispoñer de espazos expositivos nos que haxa artesáns, libreirías, xogueterías… e nos que así mesmo terán cabida todas as asociacións, empresas … adheridas a Brinquedia, que o soliciten.

As voluntarias/os que sexan universitarias/os terán certificación de homologación das horas de formación. Farase, se é posible, unha xornada na Coruña (para facilitar a asistencia do alumnado do CIFP Ánxel Casal, que colabora por primeira vez como voluntariado) e outra en Lugo, nas propias instalacións.

Contactos coa Administración: producíronse varias entrevistas nas que se conseguiron algúns resultados positivos, pero pensamos que as relacións terían que ser moito máis productivas para todo o que conleva a nosa asociación.

  • Consellería de Educación (setembro)
  • Secretaría Xeral para o Deporte (outubro, novembro, decembro, febreiro, marzo)
  • Pendentes novos contactos cos mesmos organismos e coa Consellería de Cultura

Participacións de Brinquedia na organización de eventos, a través de algún dos seus asociados:

  1. Festa de celebración do Día da Independencia do Senegal – Ourense
  2. Actos da festa de chegada da primavera chinesa (festa dos papaventos) – Ourense
  3. Actividade Erasmus “FISU” – Vigo

Renovación da Xunta directiva: está prevista unha renovación da Xunta directiva para o que se convocará a correspondente asambleia  de cara ao mes de xuño.

Asamblea da AEJDT: posibilidade que a reunión correspondente á primavera de 2011 se realice en Santiago de Compostela.

Reunión da Xunta directiva esta fin de semana

Durante esta fin de semana a Directiva de Brinquedia realizará en Santiago a súa reunión para debater sobre os principais asuntos que acontecen no xogo tradicional en Galiza, principalmente sobre o vindeiro Encontro escolar de xogo tradicional que terá lugar no mes de Maio como ven sucedendo nos últimos anos.