Arquivos mensuais: Novembro 2009

Brinquedia abre a súa Canle en Blip.TV

Brinquedia anuncia que abre a súa canle de transmisión de contidos audiovisuais en BLIP.TV. Podedes acceder aos contidos coma sempre, a través da nosa web, pero a partires de agora ofrecemos, ademais, outra opción, a canle brinquedia.blip.tv na que poderedes tamén subscribirvos aos contidos a través de iTunes ou Miro e aos RSS a través do voso lector de RSS favorito.

Mostra do Patrimonio Cultural Inmaterial

A “Mostra do Patrimonio Cultural Inmaterial” se celebra dentro do programa do Magosto da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense. Desde hoxe 10 de novembro até o sábado 14 realizaranse diversas manifestacións da oralidade galega que terán o seu espazo nunha grande carpa situada na Praza Maior de Ourense.
Haberá cada día espazo para os xogos tradicionais e mañá día 11 ás 12 do mediodía, todas as persoas asistentes lanzarán o peón dando incio á campanha deste xogo. Repartiranse peóns e autocolantes entre as persoas participantes.

Para ver o programa completo facede clic na imaxe:

mostra do patrimonio cultural inmaterial

mostra do patrimonio cultural inmaterial

Canción do peón 2009 “Como o trompo”

Cada ano somos máis, cada ano xogamos máis e este ano canteremos máis.

Por primeira vez o día do peón contará cunha canción cedida para a ocasión pola Banda Ourensons: “Como o trompo“. Unha máis que atractiva canción que, de seguro, gustará aos máis pequenos e aos que non son tan pequenos.

canción do peón 2009:

canción do peón 2009

Como o trompo

Fai clic aquí para a versión para imprimir

Para gardar o documento e o arquivo de audio, hai que facer clic secundario sobre a ligazón e optar por “descargar arquivo”.

Acompañámola tamén coa letra da canción.

Ven comigo “pra” rúa xogar coa bóla ti me tiras punteirazos, eu che fago un paradón.

Tamén podemos, se queres, probar coa chave dalle ás aspas co peso, ponlle toda a túa atención.

E non deixes de xirar e non deixes de xirar

Fago o camiño como o trompo en San Martiño fago o camiño e non deixo de xirar (bis)

Trouxen hoxe dous paus para divertirnos lanza ao aire a billarda dalle forte co palán.

Máis tarde poderiamos marchar coas bicis temos camiño dabondo e diante todo o serán.

E non deixes de xirar e non deixes de xirar

Fago o camiño como o trompo en San Martiño fago o camiño e non deixo de xirar (bis)