Ago20

III mostra de xogo tradicional
Vindeiro sábado 29 de agosto, a localidade de Santalla, no concello llugués d’A Pontenova, convertirase -por terceiro ano consecutivo- nun punto de atención importante no eido dos xogos tradicionais.
Máis de 20 entidades teñen prevista a súa participación nesta xornada que reunirá a máis de 150 xogadores de Galiza, Portugal, Asturias e Castela-León.
Serán perto de 70 xogos e deportes tradicionais os que se poderán ver e practicar nesta pequena vila desde as 11:00 horas.
O apartado musical contará coa presenza dos grupos Darbukka, Folkgazais e o Grupo de Música tradicional da Escola de música tradicional da Pontenova, que actuarán apartir das 16:00 horas.
Ago12
Celebrarase os vindeiros martes e mércores, días 18 e 19 de agosto. O martes, 18 de agosto, de 12.00 a 14.30 h. todas as prazas da vila de Melide serán reconvertidas en espazos de xogo, recuperando a súa tradicional función como lugares onde desde sempre se xogou. Así, por exemplo, na Praza do Convento poderase correr coas carrilanas, na Praza das Coles poderase tirar á chave, na Praza do Pozo Pequeno poderase practicar o Tiro á lata (xogo este xenuíno da Terra de Melide), e así ata un total de 10 recunchos onde desde tempo inmemorial se xogou diariamente.
Na programación da Festa inclúese o III CAMPIONATO DE TIRAPEDRAS DA GALIZA CENTRAL, unha proba que se celebrará o mércores, 19 de agosto, a partir das 12.00 h. na Praza do Convento. Na edición de 2008 participaron un total de 61 tiradores e tiradoras (entre os cales se atopaban 15 nenos/as e 14 mulleres), pero na presente edición todo indica que o número de concursantes vai ser superior, dada a expectación creada.
Na Festa deste ano inclúese unha exhibición de lanzamento dun dos PEÓNS (buxaina, trompo) MÁIS PEQUENOS DO MUNDO, de apenas 30 g., que se celebrará o 18 de agosto ás 12.30 h. na Praza das Coles.
Ago11
Información recibida pola asociación europea de xogo tradicional JUGAJE á que pertence Brinquedia. No seu número de xullo de 2009 informan da asamblea xeral da asociación celebrada en Aranda del Duero en xullo deste ano. Entre as novidades destacamos:
- a admisión como socio á facultade de Ciencias de Educación Física de Coimbra (Portugal)
- A situación actual do xogo tradicional no mundo e na Unión Europea.
- Dirversos encontros, festivales e conferencias en torno ao xogo tradicional.
- E novos materiais pedagóxicos editados.
Para máis información podedes ler o info nº 21 de JUGAJE