Arquivo da categoría: congresos e certames

V Jornadas da História dos Jogos em Portugal

Entre o 29 de setembro e o 1 de outubro desenvolveranse estas interesantes xornadas.

Aquelas persoas interesadas no evento poderán atopar toda a información necesaria facendo clic na seguinte imaxe:

jornadasinternacionaisjogos_min

Vídeos de Ludaria 2013

En xuño de 2013, Brinquedia organizou en Ourense “Ludaria”, un festival europeo dos xogos e deportes tradicionais (www.ludaria.eu).

Grazas aos compañeiros Carmela Rodríguez e Anxo Iglesias contamos con tres vídeos que reflicten bastante ben en que consistiu a actividade. Podedes velos facendo clic nas seguintes imaxes.

Ludaria

 

Ludaria2

Agasallos Ludaria

Asemblea de verán da AEXDT

Na primeira fin de semana de agosto tivo lugar na localidade francesa de Rodez (Aveyron) a Asemblea anual da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais (AEXDT). Escollérase a capital do departamento de L’Aveyron por celebrar o centenario do clube local de Quilles de huit.

Ademais dos campionatos nacionais franceses de Quilles de huit e dunha demostración de xogos tradicionais europeos, onde houbo espazo para 3 modalidades de bolos galegos, debateuse na asemblea sobre a vulnerabilidade das estratexias para a posta en valor dos xogos tradicionais na situación atual de crise.

Por outra parte, refrendouse o acordo tomado no ano anterior de que Galicia –e máis concretamente Brinquedia – Rede galega do xogo tradicional- fora a organizadora deste evento no 2013. Asemade, dentro da orde do día, realizouse unha presentación co proxecto de Euro-festival previsto para o verán do vindeiro ano, ademais de entregarlle a todas as delegacións dos distintos países diverso material de promoción turística da nosa terra, facilitado por Turgalicia e AGADIC.