Category Archives: encontros escolares

VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais: que pasou?

O sábado 31 de maio tivo lugar esta actividade no campo de fútbol e área recreativa de Cabreiros (concello de Xermade, Lugo).

CartazEncontroCabreiros2014

Para elo contouse coa inestimable colaboración da Asociación de Veciños de Cabreiros, o Concello de Xermade e a Universidade de Santiago de Compostela, xa que este ano o Encontro formou parte das X Xornadas Interxeracionais Rurais organizadas por esas entidades.

Contouse coa participación de alumnado e familias de 10 centros educativos, ademais da rapazada e familiares do concello de Xermade. En total, sumando alumnado, familias, colabouradores e membros da organización, superouse amplamente a cifra de 700 participantes. O que xa non é tan doado de cuantificar foi o número de sorrisos, de expresións de gozo e gargalladas (pero foron moitos moitos).

O programa foi moi semellante ao de edicións anteriores, dividíndose as actividades en xornada de mañá (na que se puxeron en práctica xogos infantís) e xornada de tarde (na que, ademais de xogos infantís, houbo demostracións e vivencias de xogos e deportes tradicionais de adultos).

Mentres non rematamos o vídeo da actividade, aí van un par de pequenas galerías fotográficas.

As actividades da mañá.

As actividades da tarde.

Entre as actividades da mañá e as da tarde, antes de comer, realizouse a presentación do libro “Xoguetes naturais. Primavera-Verán”, de Xosé López González e Jose M. García Fernández (os responsables do obradoiro de enredos realizado durante a mañá), introducidos por Antón Cortizas.

IMG_6948

 Xa para rematar, só nos queda realizar unha serie de agradecementos:

  • Ao alumnado asistente e ás súas familias, pola súa boa predisposición a tomar parte nesta actividade.
  • Ás diferentes persoas que colabouraron na organización do evento antes, durante e despois da súa realización.
  • Aos voluntarios e voluntarias que dinamizaron os xogos.
  • Ás entidades colaboradoras: Chave de Ourense, A Cambadela (Loita Tradicional), Asociación Cultural Ecobateas (billarda), a xente da Órrea e de Parada de Sil por achegarnos os seus xogos de birlos, Asociación Cultural O Teixeiro (Piornedo, a cocha), Asociación Carballo Vivo (Friol, arrebolamento de goxo e piñagoxo), XOTRAMU (Xogos Tradicionais de Muimenta) e AGXPT (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional).
  • Ás empresas fornecedoras das merendas ofrecidas a media mañá: GADISA e Feiraco.

Primeira reportaxe sobre o VIII Encontro

Agardando polo documento audiovisual que a Fundación TIC elaborará do Encontro, xa se atopa dispoñible unha reportaxe realizada ao respecto por esta entidade.

Podedes vela facendo clic na seguinte imaxe:

Reportaxe Encontro

Presentación do VIII Encontro na Deputación de Lugo

O mércores 28 de maio realizouse a presentación conxunta do VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais e das X Xornadas Interxeracionais Rurais, xornadas nas que este ano atópase inserido o Encontro.

rIMG_9599

Asistiron á mesma, de dereita a esquerda:

Manuela Vilaboy, Educadora Social do Concello de Xermade.

Mario Outeiro, Delegado de Cultura da Deputación de Lugo,

Xose Manuel Felpeto, Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros.

Iván Montes, Secretario de Brinquedia.

Nesta presentación achegouse información aos medios de en que consisten ambas iniciativas, polo que agardamos que a difusión das mesmas se vexa ampliada.

Xa no mesmo día, a páxina web da Deputación recolle a citada presentación. Podedes acceder a ela facendo clic na seguinte imaxe:

Presentación Deputación