Arquivo da categoría: encontros escolares

XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais: que pasou?

A undécima edición do Encontro escolar viaxou este ano para a cidade de Narón.

O sábado 27 de maio os xogos de sempre deixáronse ver polas marabillosas instalacións do CPI do Feal (Narón). Nelas, uns 400 nenos e nenas vidos de diferentes colexios de Galicia compartiron carreiras, saltos, habilidades que fan dos xogos non só un motivo de diversión senón tamén de relación.

DSC_0003

O Encontro comezou sobre ás 11 horas cunha primeira quenda de xogos, ao que deu lugar un tempo de lecer (12:15h) onde os nenos repuxeron forzas cunha pequena merenda, para a continuación, dar entrada a unha segunda quenda que remataría sobre ás 14 horas. Momento este no que os peóns, cordas, mariolas e demais deron paso a unhas apetecibles viandas que foron devoradas nun visto e non visto.

DSC_0019      DSC_0159 DSC_0058

As 15:30 horas mentres os máis pequenos se divertían co espectáculos da compañía “Paporrubio” os demais coas familias participaban nas diversas exhibicións que se estendían polo patio. Aí estaban as chaves, os bólos, a loita, a billarda…facendo recordar a máis dun tempos non tan lonxanos.

DSC_0094 DSC_0150 DSC_0173

E así entre intento e intento foise achegando o tempo de rematar (17:30h) Os colexios participantes e demais colaboradores foron agasallados cunha camiseta conmemorativa do encontro e por suposto co máis grande dos agradecementos da xente de Brinquedia que organizou algo que sen eles sería imposible.

DSC_0009   DSC_0007   DSC_0005

Reiteramos o noso agradecemento a…

  • Concello de Narón, coa Concellería de Cultura á fronte.
  • Equipo directivo do CPI O Feal.
  • Colexios participantes.
  • SEDEGA, pola súa achega loxística.
  • Torneiros da Asociación Virutas, pola súa marabillosa demostración de bo facer cun torno.
  • Xotramu, cos seus fantásticos xogos e enredos e pola billarda
  • Ozocogz deseño
  • Pepe e Manuel, responsables do Obradoiro de Enredos.
  • Mupega
  • GADISA
  • FEIRACO
  • Voluntariado dos centros CIFP Ánxel Casal de A Coruña e CIFP de Ferrolterra.
  • Club de birlos “Arcasco” de Riotorto.
  • Juanjo, por traernos os birlos de Parada de Sil.
  • Club “A Cambadela”, por achegarmos á loita tradicional galega.
  • A Carmen e Uxío, polo fantástico obradoiro de Xogos Musicais.
  • Á xente das chaves de Santiago e Ferrolterra.
  • A Carballo Vivo, de Friol, polo seu “arrebolamento de goxo”.

O XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais terá lugar no concello de Narón

O pasado sábado, membros de Brinquedia se reunían con representantes da Concellería de Cultura de Narón para tratar a posibilidade de realizar aló este evento.

DSC_0128

Este primeiro achegamento resultou moi frutífero, xa que nel chegouse ao acordo de celebrar o Encontro nesta cidade coa colaboración do Concello de Narón que, por boca dos seus representantes, comprometeuse a prestar a súa axuda en todos os aspectos requiridos para garantir o correcto desenvolvemento da actividade.

DSC_0154

A data fixada resulta a tradicionalmente elixida, é dicir, o derradeiro sábado do mes de maio e que este ano é o día 27.

A instalación onde se desenvolverá atópase pendente de concretar (están sendo estudiadas diferentes opcións), pero a maquinaria organizativa xa se atopa en marcha e en breve facilitaremos máis información ao respecto.IMG_6879

Polo tanto, ide marcando nas vosas axendas o 27 de maio!

X Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que pasou?

O sábado 4 de xuño de 2016 deuse cita en Muimenta alumnado de varios centros educativos galegos para participar nesta festa dos xogos tradicionais, moitos deles acompañados tanto por profesorado coma por membros da súas familias.

E foi máis festa que nunca, porque tivemos a oportunidade de compartir tempo e espazo coa VIII Festa de Xogos Tradicionais organizada por Xotramu, a quen lles estaremos eternamente agradecidos pola colaboración prestada para poder realizar esta actividade en conxunto.

E xa que estamos de agradecementos, velaí van aos demais colaboradores:

  • A Gadisa e Feiraco, polo aporte de suministros para a paradiña de media mañá.
  • Ao Mupega, por fornecernos de camisetas.
  • A Manolo e Pepe, por outro fantástico obradoiro de enredos.
  • Ao voluntariado dos diferentes ciclos de Formación Profesional que tan ben dinamizaron os xogos da mañá.
  • Aos xa habituais representantes das diferentes chaves galegas: de Santiago, Ourense e Ferrolterra.
  • Á Cambadela (A Estrada), por outra fantástica mostra da nosa Loita Tradicional.
  • Á Asociación Carballo Vivo (Friol), por volver facer voar os seus goxos.

E do acontecido, para mostra un botón (ou unha che deles). Velaí vaivos unha galería de imaxes cos xogos da mañá e, a continuación, unha ligazón á emisión que fixo a TVG sobre este evento.

A partires do 30′ 35”

Captura_Lun Xuñ 13 21:15:1