Category Archives: novas

Programa da Radio Galega onde se fala de xogo tradicional.

O pasado día 28, o programa “A tarde” da Radio Galega adica parte do seu tempo a falar de xogo tradicional e das iniciativas que se están a poñer neste tempo de confinamento relacionadas con el.

Podedes acceder ao audio desta emisión facendo clic na seguinte imaxe:

Que gocedes do programa!

Entrevista no programa “A Revista” da TVG.

Noelia Darriba, de Xotramu, en representación de Patrimonio Lúdico Galego, foi entrevistada neste programa para falar da iniciativa “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”.

Facendo clic na seguinte imaxe accederedes ao contido da entrevista:

Interesante investigación sobre hábitos lúdicos das familias.

Baixo o título “Hábitos lúdicos das familias en tempos de confinamento”, esta investigación está promovida polos investigadores Apolinar Varela e Silvia López-Gómez, ambos profesores universitarios.

Podedes obter unha descrición máis detallada de en que consiste este traballo facendo clic na seguinte imaxe:

Se reunides os requisitos, animádevos a participar contestando o cuestionario.

Estes investigadores foron entrevistados en diferentes emisoras de radio, velaí van as ligazóns para poder escoitar as entrevistas:

Comezo da entrevista: minuto 13.

Comezo da entrevista: minuto 32.

Comezo da entrevista: principio da parte 3