Category Archives: cursos

Cursos promovidos, relacionados ou realizados por diferentes entidades

CURSO DE XOGOS TRADICIONAIS APLICADOS AO VOLUNTARIADO CON INFANCIA

O sábado, 14 de maio, tivo lugar nas instalacións do Campus de Elviña este curso, que foi organizado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC e impartido por membros de Brinquedia.

En horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h un grupo de estudantes da Universidade e voluntarios e voluntarias de distintas ONGs poideron entrar en contacto dun xeito teórico e práctico co mundo do xogo tradicional, contemplado este desde distintos puntos de vista: lúdico, educativo, cultural.
Resultou ser unha xornada moi proveitosa e que xenera moitas posibilidades de abrir canles de transmisión deste rico patrimonio.

Novas sobre a Liga de Bolos

Generic Viagra viagra india online

Dende o Club de Bolos ARCASCO fan chegar unha serie de novas que consideramos moi positivas para a pervivencia da rica variedade de bolos tradicionais de Galicia.

A Liga de Bolos, que se xoga na zona norte de Galicia, xa vai pola cuarta tempada.

Está composta por 7 clubs que, en palabras de Anxo, “decidimos xuntarnos os domingos a xogar aos birlos en cada localidade participante, respectando a modalidade local, é dicir, o xogo tal e como foi recollido con todas as súas características. Tamén se introduciron outras modalidades galegas. Deste xeito calquera xogador/a non só desfruta do seu bolo, senón tamén doutras modalidades”.

Resulta destacable que este ano houbo un importante incremento no número de participantes (26), chegando a atoparnos nesta liga un total de 199 xogadores e xogadoras. Así mesmo, é de resaltar a importante presenza feminina que se está a lograr.

Dende ARCASCO manifestan a súa satisfacción, xa que están a mover todos os domingos un número importante de persoas que se relacionan e conviven en torno a un xogo tradicional.

Para rematar, unhas palabras de Anxo: “estamos a traballar para que non desapareza deste mundo o noso xogo, pois o modelo que os ameaza a todos é o que impón a televisión”.

Quen quera seguir as xornadas das ligas de Bolos dispón das seguintes ligazóns:

Bolos Celtas-Liga Galega Norte

Bolos Celtas-Liga Órrea

Dende aquí o noso ánimo para que continúen coa labor que están a desenvolver.

II CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: o xogo tradicional e as didácticas específicas

A AGXPT, socia de Brinquedia, e Nova Escola Galega organizan, por segundo ano consecutivo un curso de formación sobre o patrimonio lúdico. Terá lugar no CEIP Mestre Pastor Barral de Melide os días 22 e 23 de outubro de 2010.

No ano 2009, xa organizaron conxuntamente unha primeira actividade na que se esgotaron todas as prazas ofertadas. Esto provocou que se concebise esta 2ª edición do Curso, centrándose máis nalgunhas didácticasespecíficas pero sen esquecer as perspectivas globais- institucións europeas, universitarias, gobernos locais, ámbito empresarial…- co obxectivo de ir construíndo unha visión o máis completa posible dos procesos de recuperación dos patrimonios lúdicos nacionais.

Atoparás  unha información máis completa así como a ficha de inscrición nas páxina web da AGXPT (www.agxpt.org) e de Nova Escola Galega  ( www.nova-escola-galega.org)