Arquivo da categoría: medios de comunicación

PRESENTACIÓN OFICIAL DO V ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Hoxe, martes 18 de maio de 2010,  tivo lugar a presentación, para os medios de comunicación, do V Encontro escolar de xogos tradicionais  no salón de actos do Mupega, en Compostela.

No acto estiveron presentes Xabier López e Carmela Rodríguez, da directiva de Brinquedia (entidade organizadora) e Laura Mosquera e Francisco Javier González (Coordinadores do deporte escolar – Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia), un dos organismos patrocinadores do evento.

Por problemas de axenda non poideron estar presentes outros representantes dos distintos organismos, entidades ou empresas patrocinadores do evento.

O Día do peón 2009 en “A escola do Faro”

O pasado 17 de Novembro apareceu no suplemento do Faro de Vigo “A escola do Faro”  un artigo sobre o Día do peón 2009; no mesmo faise referencia ao Acto central celebrado na Alameda de Santiago de Compostela, ao Manifesto escrito e lido por Suso de Toro e a Brinquedia, a rede galega de xogo tradicional.

Facendo clic aquí o podedes ler.

Faro de Vigo d?a do peón 2009

Faro de Vigo día do peón 2009

O día do Peón na prensa

Xa pasou o día, xa tedes imaxes tomadas por Brinquedia en diferentes puntos, e algunha máis que poremos doutros puntos de España.

Agora, as notas de prensa:

No portal web do Concello de Santiago

Na Voz de Galicia o día do peón

Na voz de Galicia ao día seguinte

No Xornal de Galicia

No xornal Deia