Category Archives: medios de comunicación

Novas sobre a Liga de Bolos

Generic Viagra viagra india online

Dende o Club de Bolos ARCASCO fan chegar unha serie de novas que consideramos moi positivas para a pervivencia da rica variedade de bolos tradicionais de Galicia.

A Liga de Bolos, que se xoga na zona norte de Galicia, xa vai pola cuarta tempada.

Está composta por 7 clubs que, en palabras de Anxo, “decidimos xuntarnos os domingos a xogar aos birlos en cada localidade participante, respectando a modalidade local, é dicir, o xogo tal e como foi recollido con todas as súas características. Tamén se introduciron outras modalidades galegas. Deste xeito calquera xogador/a non só desfruta do seu bolo, senón tamén doutras modalidades”.

Resulta destacable que este ano houbo un importante incremento no número de participantes (26), chegando a atoparnos nesta liga un total de 199 xogadores e xogadoras. Así mesmo, é de resaltar a importante presenza feminina que se está a lograr.

Dende ARCASCO manifestan a súa satisfacción, xa que están a mover todos os domingos un número importante de persoas que se relacionan e conviven en torno a un xogo tradicional.

Para rematar, unhas palabras de Anxo: “estamos a traballar para que non desapareza deste mundo o noso xogo, pois o modelo que os ameaza a todos é o que impón a televisión”.

Quen quera seguir as xornadas das ligas de Bolos dispón das seguintes ligazóns:

Bolos Celtas-Liga Galega Norte

Bolos Celtas-Liga Órrea

Dende aquí o noso ánimo para que continúen coa labor que están a desenvolver.

O V ENCONTRO NA PRENSA

XORNAL EL PROGRESO (LUGO). DOMINGO, 23 DE MAIO DE 2010

PRESENTACIÓN OFICIAL DO V ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Hoxe, martes 18 de maio de 2010,  tivo lugar a presentación, para os medios de comunicación, do V Encontro escolar de xogos tradicionais  no salón de actos do Mupega, en Compostela.

No acto estiveron presentes Xabier López e Carmela Rodríguez, da directiva de Brinquedia (entidade organizadora) e Laura Mosquera e Francisco Javier González (Coordinadores do deporte escolar - Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia), un dos organismos patrocinadores do evento.

Por problemas de axenda non poideron estar presentes outros representantes dos distintos organismos, entidades ou empresas patrocinadores do evento.