Author Archives: brinquedia

IV Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais de Santalla

O pasado 27 de agosto volveuse celebrar esta actividade organizada polo Club de Xogos e Deportes Tradicionais de Santalla.

Aí vai a nota de prensa que chegou a nós: nota_prensa_iv_mostra_avaliacion1

E tamén un par de imaxes do evento:

Un novo curso funcionará o Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais “Brinquedos”

Outro curso máis, o CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela oferta a outros centros educativos a posibilidade de realizar visitas ó seu magnífico Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais.

Aínda que o convite foi realizado vía correo electrónico a tódolos centros da Comunidade Autónoma, dende Brinquedia querémonos sumar á difusión desta grande iniciativa, así coma animar ós responsables da mesma a que continúen a desenvolver esta tan grande labor.

Deste Centro de Interpretación poderedes atopar máis información na páxina web do centro, http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmosteirocaaveiro no apartado de “Brinquedos”.

A carta de convite en cuestión é a seguinte:

convite_2011_a-capela

Novas sobre a Liga de Bolos

Generic Viagra viagra india online

Dende o Club de Bolos ARCASCO fan chegar unha serie de novas que consideramos moi positivas para a pervivencia da rica variedade de bolos tradicionais de Galicia.

A Liga de Bolos, que se xoga na zona norte de Galicia, xa vai pola cuarta tempada.

Está composta por 7 clubs que, en palabras de Anxo, “decidimos xuntarnos os domingos a xogar aos birlos en cada localidade participante, respectando a modalidade local, é dicir, o xogo tal e como foi recollido con todas as súas características. Tamén se introduciron outras modalidades galegas. Deste xeito calquera xogador/a non só desfruta do seu bolo, senón tamén doutras modalidades”.

Resulta destacable que este ano houbo un importante incremento no número de participantes (26), chegando a atoparnos nesta liga un total de 199 xogadores e xogadoras. Así mesmo, é de resaltar a importante presenza feminina que se está a lograr.

Dende ARCASCO manifestan a súa satisfacción, xa que están a mover todos os domingos un número importante de persoas que se relacionan e conviven en torno a un xogo tradicional.

Para rematar, unhas palabras de Anxo: “estamos a traballar para que non desapareza deste mundo o noso xogo, pois o modelo que os ameaza a todos é o que impón a televisión”.

Quen quera seguir as xornadas das ligas de Bolos dispón das seguintes ligazóns:

Bolos Celtas-Liga Galega Norte

Bolos Celtas-Liga Órrea

Dende aquí o noso ánimo para que continúen coa labor que están a desenvolver.