Arquivo por autores: Brinquedia

Imaxes da XIII Festa dos Xogos Tradicionais

Organizada por Xotramu, esta actividade desenvolveuse o pasado domingo en Muimenta.

Os nosos parabéns á organización por ter sido quen de desenvolver esta actividade a pesares das limitacións derivadas das restricións vixentes.

XIII Festa dos Xogos Tradicionais organizada por Xotramu

Este domingo 6 de xuño terá lugar en Muimenta uns dos referentes do país no tocante á difusión e promoción do noso xogo tradicional.

As actividades que se desenvolverán pódense consultar no cartaz da actividade:

Dende Brinquedia non nos queda menos que desexar que a actividade sexa un éxito, así como felicitar a Xotramu por ser quen de artellar este formato a pesares das restricións que nos está a tocar vivir.

 

II Foro Europeo de Xogos e Deportes Tradicionais

Organizado pola Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, este Foro desenvolveuse os pasados días 14 e 15.

Dado que foi desenvolto mediante videoconferencia e de que foi gravado en vídeo e colgado pola entidade organizadora na súa canle de Youtube, poñemos ao voso alcance a ligazón directa a esta canle na que se poden visualizar as diferentes sesións. Para iso non tedes máis que facer clic na seguinte imaxe: