Author Archives: admin

Presentación de “Referencias históricas da Chave en Ferrolterra (1950-2009)”

Hai pouco faciámonos eco da publicación deste libro, o cal será presentado este venres 26 de xaneiro, ás 19:30 h., no Auditorio do C.P.S. San Valentín do concello de Fene (provincia de A Coruña).

Ademais da presentación, haberá unha mesa redonda na que se tratará coma tema os deportes tradicionais galegos.  O cartaz da mesma é o seguinte:

O Día Mundial da Radio e o Xogo Tradicional.

Da man dos compañeiros de Ponte … nas Ondas! aparece esta interesante iniciativa que conxuga radio e na que, entre outras propostas, aparece o xogo tradicional.

Esta actividade celebrarase o 13 de febreiro, e podedes atopar toda a información necesaria facendo clic na seguinte imaxe:

Agradecemos, coma non, que o xogo tradicional poda estar presente nunha actividade deste tipo, e desexamos así mesmo que conten cunha grande acollida e participación de centros escolares.

Proxecto Geo-Ludens.

Este proxecto está promovido pola Universidade San Jorge, a Asociación Europea Xogos e Deportes Tradicionais, a Asociación de Artes Marciais Húngara Tradicional de Baranta e a Universidade de Atenas.

Captura_Lun Dec 18 19:08:36

Consiste na creación dunha ferramenta para a promoción e difusión de xogos e deportes tradicionais dirixidos a un público escolar e familiar.

O obxectivo é o deseño dunha páxina web na que se podan atopar diversas informacións (xogos, deportes, lugares de práctica, etc.)

Captura_Lun Dec 18 19:15:07

Existe un cuestionario en liña (http://geoludens.eu/questionnaire/) no que resulta necesario ingresar información tanto en inglés coma no idioma nativo do xogo. Se desexades participar, e soubestes desta iniciativa a través de Brinquedia, podedes engadir información seleccionando no campo obrigatorio de institucións “Brinquedia”.

Xa para rematar, esta iniciativa pode implementarse nas escolas e institutos a través da asignatura de Inglés, para o cal temos realizado unha escolma dos estándares de aprendizaxe de 5º de Educación Primaria a 4º de ESO que poden ser traballados a través da participación co alumnado, e que pode descargarse en formato PDF facendo clic na seguinte imaxe:

Captura_Lun Dec 18 19:18:53

Así mesmo, poden subirse imaxes e vídeos, polo que as posibilidades educativas desta iniciativa son moi grandes (xogos e deportes tradicionais, competencia dixital, …) en función das actividades que se deseñen arredor da mesma.

Só nos queda desexarlle un grande éxito a esta fantástica iniciativa!